domingo, 28 de octubre de 2012

Día das Bliotecas Escolares


O día 24, día das bibliotecas escolares, celebramos dúas sesión de contacontos na nosa biblioteca.

-Unha para os máis pequechos (infantil e 1º ciclo de primaria) na que lle contamos, por fin, a verdadeira historia da nosa mascota, como a coñecemos, como chegou a nosa biblioteca e o que fai realmente aquí.

-Outra sesión para os rapaces máis grandes (2º e 3º ciclo) na que se relata a historia dunha rapaza que non lle gustaba que todos os contos remataban mal. Tras escoitar este conto os rapaces prometeron crear o libro  “Partes escondidas dos contos” no que nos van contar a todos cal é a vida actual  dos personaxes máis famosos dos contos. Ánimo rapaces!! Estamos impacientes de ler os vosos contos.

A continuación, nas dúas próximas entradas, podedes ler os contos.

1 comentario:

  1. Caramba... que contos máis interesantes... ji, ji...
    Espero que os nenos e nenas disfrutaran deles tanto como os profes o fixemos preparándoos e contándoos ese día.

    Un saúdo a todos e felicidades ao equipo da biblioteca polo seu traballo.

    ResponderEliminar