domingo, 28 de octubre de 2012

Contacontos para os máis pequechos


A VERDADEIRA HISTORIA DO NOSO TRASNO

Din que é unha lenda e que ninguén os veu xamais, pero nós aquí en Bande sabemos que non é verdade. Porque na nosa biblioteca vive unha personiña moi especial… alguén a coñece? Quen vive na nosa biblioteca????
E sabedes como chegou aquí???? O día que a coñecemos, os profesores do cole levamos unha grande sorpresa, porque non sabíamos que estaba aquí.
Estabamos traballando na biblioteca colocando nos libros e ao sacar un do seu sitio… ohhhh cal non foi a nosa sorpresa cando nos atopamos con este pequeno homiño… agachadiño… asustado… e tembloroso. Mirounos fixamente con cariña de susto, saltou do estante e saíu disparado meterse detrás doutro libro. Parecía que ata escoitabamos os latexos do seu corazón acelerado, e cóntovos un segredo… eu creo que do susto… ata se fixo caca e todo… porque empezou a cheirar a marmelada de fresas. (Que é do que fan a caca os trasnos).
Levounos un bo anaco conseguir convencelo de que non lle iamos facer nada, e cando conseguimos tranquilízalo, pro fin saíu do seu escondite. Sentouse cas perniñas colgadas mesmo deste estante. A profesora Lorena púxolle a man para que saltara a ela e con moita delicadeza colocouno enriba da mesa.
Non lle podíamos quitar ollo de enriba e alí sobre esa mesa comezou a falar:
Fai moitos, moitos anos vivía nun lugar moi moi lonxano. Alí estaba feliz habitando unha enorme biblioteca chea, chea de libros. Era unha biblioteca con miles de libros, pintada de moitas cores e á que cada día viñan moitísimo nenos buscar libros para ler no seu tempo libre. Nunca estaba só e era moi feliz  lendo un libro detrás doutro. Pero nun castelo cercano vivía unha malvada bruxa que odiaba os libros e os nenos e nenas que lles gustaba ler. Un día presentouse na biblioteca e utilizou o seu poder contra min botándome un maleficio que fixo que se me borrara a memoria. Dende entón os nenos deixaron de ir a aquela biblioteca que se  volveu gris e escura. Os libros fóronse estragando nos estantes sen que ninguén os lese. Eu esquecín case todo da miña vida, non recordo nin o meu nome e vivo vagando polas bibliotecas de todo o mundo buscando libros que me poidan dar unha pista de quen son.
Cando cheguei a Bande e vin esta biblioteca tan bonita e con tantos nenos aos que lle gusta tanto ler recordoume a aquela vella biblioteca na que eu vivía antes de perder a miña memoria. Así que decidín quedar aquí coa esperanza de que estes nenos e nenas me axudaran e para ao mesmo tempo protexer esta biblioteca da bruxa malvada que afasta aos nenos das bibliotecas para volvelas grises e escuras. Entre todos seremos capaces de manter a malvada bruxa afastada da nosa biblioteca vindo a ela todas a veces que poidamos e lendo cada vez máis libros.



                           

1 comentario:

  1. Que apasionante é a vida da vosa mascota...
    encántame!!!canto traballades

    ResponderEliminar