lunes, 25 de abril de 2022

Contacontos en familia

 

As familias son unha parte importante na vida da biblioteca. Encántanos que participen en actividades e compartan tempo con todos nós.

O pasado venres veu a visitarnos Trini, nai de Jose Ramón (6ºEI) e contounos o conto "O país dos mandóns". 









Día do libro: A mellor sopa do mundo

Para comemorar o Día do Libro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria representou unha obra de teatro baseada no conto infantil "A mellor sopa do mundo" de Susana Isern.





Día do libro: actividade STEAM

Na biblioteca do Xocas hoxe foi un día moi especial 
porque conmemoramos o Día do Libro.

Nesta data sinalada fomos científicos, decoradores, enxeñeiros e electricistas porque fixemos un "libro tecnolóxico" con circuitos eléctricos en papel.
Ademais, cada alumno/a levou un marcapáxinas feito con impresora 3D para que non perdan o fío do libro que están a ler.