viernes, 22 de noviembre de 2013

Inauguración Biblioteca

O pasado venres día 15, inauguramos por fin oficialmente a nosa biblioteca. Foi un día especial para todos. Aqui vos deixamos unhas imaxes do día.

lunes, 18 de noviembre de 2013

Pais artistas

Mostramos  ós artistas que temos entre os pais dos nosos alumnos. Neste caso son os castelos da bruxa e das princesas dos contos feito por Rosa, mamá de Alba. As princesas  e as bruxas dos contos da biblioteca xa teñen o seu fogar. Moitas grazas Rosa!!!


miércoles, 13 de noviembre de 2013

Nova estanteria

Mirade que bonita a nova estantería da nosa biblioteca. O artista é o pai dunha alumna de Educación Infantil. Moitas grazas Randino!!!!!

                 

lunes, 11 de noviembre de 2013

Magosto

Hoxe celebramos o magosto, fixemos varias actividades: xogos populares, puzle dunha castaña e pintalo, contar un conto, etc. e por suposto tamén comemos no patio cunha fogata. Foi un gran día.




domingo, 10 de noviembre de 2013

Lectura Informal

Pouco a pouco vaise completando a nosa nova biblioteca. Mirade que rincón tan chulo e cómodo para a lectura. Esta situado no hall da biblioteca, os rapaces encántalles.


Charla sobre alimentación

Esta semana na biblioteca aprendemos moito sobre o concepto de alimentación variada  e equilibrada e a importancia da nosa dieta mediterránea. Mari, a profe de prácticas (que tamén é dietista),  deulles unha charla os nenos de 2º e 3º ciclo que levaban unha semana investigando sobre o tema. Recordade rapaces  o que vos dixo Mari "Hai que comer de todo".





miércoles, 6 de noviembre de 2013

A biblioteca no centro de saúde

Rapaces xa tendes un anaquiño da biblioteca no centro de saúde. A partires de agora a espera para entrar o medico xa non será tan longa. Esperamos que disfrutedes da maleta de libros e contádenos no caderno a vosa opinión. Veña, a ler!!!

              


lunes, 4 de noviembre de 2013

Novo rincón de lectura

Xa temos un novo rincón para a lectura  no hall da nova biblioteca. Que bonito e cómodo é!!!.
 Xa sabedes rapaces a partires de hoxe xa o podedes utilizar en calquera momento.




Tamén vos podemos decir que en breve poderemos inagurar a nova biblioteca. Faltan algunhas cousiñas, pero xa queda pouco!!!

domingo, 3 de noviembre de 2013

SAMAIN

O pasado mércores celebramos Samaín. Que medo pasamos!!! O hall do colexio e da biblioteca converteuse nun cementerio oscuriiisimo!! Nenos e profesores participamos en diversas actividades: buscar libros de medo, escenificamos contos e escoitamos historias de medo, todo neste terrorífico cementerio.