lunes, 28 de noviembre de 2022

miércoles, 23 de noviembre de 2022

24 Outubro. Días das bibliotecas

 Para celebrar o día das bibliotecas, o profe Santi e a orientadora Lucía contáronnos uns contos moi chulos. Aquí unha mostra.



  


martes, 4 de octubre de 2022

Traballando as emocións en Infantil

 Este ano o PDI trata sobre emocións e o alumnado de Educación Primaria estivo traballando sobre o libro "O monstruo de cores". 

No video podedes ver que bonita quedou a actividade.




lunes, 25 de abril de 2022

Contacontos en familia

 

As familias son unha parte importante na vida da biblioteca. Encántanos que participen en actividades e compartan tempo con todos nós.

O pasado venres veu a visitarnos Trini, nai de Jose Ramón (6ºEI) e contounos o conto "O país dos mandóns". 









Día do libro: A mellor sopa do mundo

Para comemorar o Día do Libro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria representou unha obra de teatro baseada no conto infantil "A mellor sopa do mundo" de Susana Isern.





Día do libro: actividade STEAM

Na biblioteca do Xocas hoxe foi un día moi especial 
porque conmemoramos o Día do Libro.

Nesta data sinalada fomos científicos, decoradores, enxeñeiros e electricistas porque fixemos un "libro tecnolóxico" con circuitos eléctricos en papel.
Ademais, cada alumno/a levou un marcapáxinas feito con impresora 3D para que non perdan o fío do libro que están a ler.





domingo, 27 de marzo de 2022

Formación STEAM

 O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria traballou coa placa makey-makey e programou un circuito con sons de animais.


             



             




22 de Marzo. Día da árbore

 Para conmemorar o día da árbore, contamos coa visita de axentes forestais e mediambientais. Ensináronnos os vehículos cos que traballan, explicaron as principais especies vexetais que temos na contorna do cole, fixemos un obradoiro de cremas e cada alumno/a plantou a súa propia árbore.

                      


                      




8M Día Internacional da Muller

 O día 8 de Marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Fixemos actividades e contamos coa visita de Pakolas que acercou ao cole a historia de Ramona Órbita.  


Concerto de Pakolas



Mulleres importantes








                
Pasapalabra da Muller

  

miércoles, 19 de enero de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia e desde a biblioteca escolar propoñemos unha serie de lecturas que nos darán pé para a reflexión.