domingo, 28 de octubre de 2012

Día das Bliotecas Escolares


O día 24, día das bibliotecas escolares, celebramos dúas sesión de contacontos na nosa biblioteca.

-Unha para os máis pequechos (infantil e 1º ciclo de primaria) na que lle contamos, por fin, a verdadeira historia da nosa mascota, como a coñecemos, como chegou a nosa biblioteca e o que fai realmente aquí.

-Outra sesión para os rapaces máis grandes (2º e 3º ciclo) na que se relata a historia dunha rapaza que non lle gustaba que todos os contos remataban mal. Tras escoitar este conto os rapaces prometeron crear o libro  “Partes escondidas dos contos” no que nos van contar a todos cal é a vida actual  dos personaxes máis famosos dos contos. Ánimo rapaces!! Estamos impacientes de ler os vosos contos.

A continuación, nas dúas próximas entradas, podedes ler os contos.

Contacontos para os maiores

Vouvos contar unha historia dunha nena que podería ser calquera de vos.  É a historia dunha nena á que non lle gustaban os contos.
E non lle gustaban os contos porque pensaba que neles só ocorren desgrazas. Carapuchiña atópase co lobo e o lobo cómese á avoa. Os tres porquiños están mortos de medo porque outro lobo sopra e sopra para podelos comer despois na sopa. Brancaneves sempre anda perseguida e escondida sen unha fada que a salve e remata envelenada. Dos fillos dos dálmatas non sabemos nada, e a pobre Cincenta é cruelmente maltratada. A Bambi mátanlle á nai e ao Rei León ao pai.
Un día, xa cansa de non atopar ningún conto sen desgrazas púxose pensativa a mirar para o ceo e contoulle moi triste á lúa porque  non lle gustaban os contos.
A lúa contestoulle que tiña razón e que só ela tiña as escenas dos contos que non coñecemos.
-       Entra neste cráter e conta tres, e xunta tamén os pés. Díxolle a lúa. A rapaza así o fixo e apareceu de pronto na mesmiña Lúa.
Entrou no cráter despaciño como lle dixera a Lúa e alí estaba a súa amiga Marula a tartaruga, de pé sobre as súas patas traseiras dándolle a unha manivela que facía mover unha cinta transportadora. Coa pata que lle quedaba libre ía sacando dunha caixa sen fondo todos os ingredientes necesarios para crear os contos: un gato, unha alfombra voadora, moitas fadas, bruxas, un mar con sereas cheas de burbullas, unha malvada, un pez anano que podía ser Nemo, un monstro dun só ollo que conta chistes e unha pantera que non se lle ocorre outra cousa que ser de cor rosa.
Marula bota polvos de envexas, heroes, pesadelos, triunfadores e príncipes. Feitizos, namoramentos e venganzas, animais que escapan e serpes que botan a lingua antes de encher a panza.
 A rapaza díxolle a Marula que non metera nos contos tantas tristezas, ni nais malas nin bichos sen cabezas.

E preguntoulle á tartaruga:
-       Podes dicirme, Marula, a qué se dedica agora Pinocho ou se ao final Peter Pan medrou, se Mulán estudou belas artes ou se Garfield sigue facendo o gamberro por todas partes?

A rapaza veu que da cinta transportadora todo pasa a una cabina que xira, que Lúa tamén se mete e que un anaquiño  alí se queda, sae pronto e nun momento, entre as mans xa ten un novo conto que lle entregou á rapaza.

E díxolle a Lúa:
     - Aquí tes. Neste conto cóntoche o que non sabes, o que lle pasa á sirenita ou cantos netos ten o       Príncipe Quieto. Podes xa lelo, pero sae do cráter primeiro.

E co conto baixo o brazo marchou a rapaza que non puido aguantar a curiosidade e antes de saír do cráter da Lúa mirou as tapas do libro e veu que se titulaba “As partes escondidas dos contos”.
Enterouse de que o noso querido Pinocho ten unha nai moi boa que entre plin e plan se desmelena e resulta que rematou convertida nunha ballena. Que o Rey León nunca morreu pero que foi a lei da selva quen o escondeu. Que o lobo de Carapuchiña é o mesmo que o dos tres porquiños e que non é nin máis nin menos que un bonito trasno que se chama Lobo, que se disfraza entre os ventos para asustar un pouco aos personaxes dos contos.
Tamén se deu conta que todos os finais dos contos son felices porque un conto non é máis que unha historia inventada escrita para os nenos e que non ten outra finalidade  que levarnos a outros mundos, a veces a ritmo de canción, coa única misión de alimentar a nosa imaxinación.
Cando a rapaza chegou á casa quixo seguir lendo no seu novo libro de contos, pero descubriu que ao deixar atrás o cráter da Lúa, nel quedaron todas as palabras que o libro tiña escritas.
Ata as nosas mans chegou ese libro que agora está en branco, e esa rapaza que entendeu que os contos son viaxes pola imaxinación pídevos agora a vos que volvades cubrir o libro coas continuación de contos que vos inventedes para que queden recollidas no voso libro das “Partes escondidas dos contos.”

                       

Contacontos para os máis pequechos


A VERDADEIRA HISTORIA DO NOSO TRASNO

Din que é unha lenda e que ninguén os veu xamais, pero nós aquí en Bande sabemos que non é verdade. Porque na nosa biblioteca vive unha personiña moi especial… alguén a coñece? Quen vive na nosa biblioteca????
E sabedes como chegou aquí???? O día que a coñecemos, os profesores do cole levamos unha grande sorpresa, porque non sabíamos que estaba aquí.
Estabamos traballando na biblioteca colocando nos libros e ao sacar un do seu sitio… ohhhh cal non foi a nosa sorpresa cando nos atopamos con este pequeno homiño… agachadiño… asustado… e tembloroso. Mirounos fixamente con cariña de susto, saltou do estante e saíu disparado meterse detrás doutro libro. Parecía que ata escoitabamos os latexos do seu corazón acelerado, e cóntovos un segredo… eu creo que do susto… ata se fixo caca e todo… porque empezou a cheirar a marmelada de fresas. (Que é do que fan a caca os trasnos).
Levounos un bo anaco conseguir convencelo de que non lle iamos facer nada, e cando conseguimos tranquilízalo, pro fin saíu do seu escondite. Sentouse cas perniñas colgadas mesmo deste estante. A profesora Lorena púxolle a man para que saltara a ela e con moita delicadeza colocouno enriba da mesa.
Non lle podíamos quitar ollo de enriba e alí sobre esa mesa comezou a falar:
Fai moitos, moitos anos vivía nun lugar moi moi lonxano. Alí estaba feliz habitando unha enorme biblioteca chea, chea de libros. Era unha biblioteca con miles de libros, pintada de moitas cores e á que cada día viñan moitísimo nenos buscar libros para ler no seu tempo libre. Nunca estaba só e era moi feliz  lendo un libro detrás doutro. Pero nun castelo cercano vivía unha malvada bruxa que odiaba os libros e os nenos e nenas que lles gustaba ler. Un día presentouse na biblioteca e utilizou o seu poder contra min botándome un maleficio que fixo que se me borrara a memoria. Dende entón os nenos deixaron de ir a aquela biblioteca que se  volveu gris e escura. Os libros fóronse estragando nos estantes sen que ninguén os lese. Eu esquecín case todo da miña vida, non recordo nin o meu nome e vivo vagando polas bibliotecas de todo o mundo buscando libros que me poidan dar unha pista de quen son.
Cando cheguei a Bande e vin esta biblioteca tan bonita e con tantos nenos aos que lle gusta tanto ler recordoume a aquela vella biblioteca na que eu vivía antes de perder a miña memoria. Así que decidín quedar aquí coa esperanza de que estes nenos e nenas me axudaran e para ao mesmo tempo protexer esta biblioteca da bruxa malvada que afasta aos nenos das bibliotecas para volvelas grises e escuras. Entre todos seremos capaces de manter a malvada bruxa afastada da nosa biblioteca vindo a ela todas a veces que poidamos e lendo cada vez máis libros.



                           

jueves, 25 de octubre de 2012

Día das bibliotecas escolares

Como xa sabemos, onte 24 de outubro foi  o día das bibliotecas escolares, e entre outras actividades, quixemos conmemorar este día gravando un divertido vídeo con todo o que se fai un dia nas bibliotecas dos nosos centros, catalogamos libros, os nenos collen e devolven os seus libros, nenos que van o ordenador, sesións de contos, etc.


video