Xa temos o noso servizo de urxencias listo.Así que nenos e
nenas a partires de agora todos os libro que vexades que non estean en bo
estado pódeos na ambulancia e serán
levados a reparar. Moitas grazas
domingo, 16 de diciembre de 2012
FORMACIÓN EN MEIGA
Este venres
tivemos a sorte de que a persoa
encargada da biblioteca do concello, unha experta no programa MEIGA, nos viñera
ensinar máis en profundidade como buscar libros no programa,
como facer para comentar o que máis nos gusta dos libros que lemos, etc.
miércoles, 12 de diciembre de 2012
RECITANDOCELSOEMILIO
Este ano
celebrase o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro. Dende
a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, co obxectivo de manter viva a memoria do poeta,
organiza a actividade dun acto público
de recitado conxunto do poema “Deitado fronte o mar”. Así que hoxe, 12-12-2012
as 12 horas, todo o centro baixamos a praza do pobo de Bande (lugar de gran
valor simbólico no pobo) para recitar o poema.
martes, 11 de diciembre de 2012
CARTA OS REIS MAGOS
Nenos e nenas xa
tedes na biblioteca o buzón para poder depositar a vosas cartas os Reis Magos. Xa
sabedes que o noso trasno estará encantado de facerllas chegar os Reis.
Recordade nesas cartas hai que pedir desexos e non cousas que se compren con cartos.
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
Onte, 10 de decembro, celebramos na nosa biblioteca o Dia internacional dos Dereitos Humanos.
A actividade principal foi unha exposición de fotos representado todos os dereitos que temos. Cada clase tivo que representar en fotos algúns dos dereitos e logo explicar a foto para o resto dos seus compañeiros.
lunes, 3 de diciembre de 2012
DIA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO
O pasado luns, 26 de Novembro, celebramos o dia internacional da loita contra a violencia de xénero. Dende o concello, en colaboración coa biblioteca, organizaronse distintas actividades en relación co tema. Cada unha das actividades foron adaptadas as diferentes etapas e ciclos.
viernes, 16 de noviembre de 2012
MOCHILAS VIAXEIRAS
Esta semana empezaron a viaxar as
nosas mochilas. Son 6 mochilas que viaxan durante todo o curso por os fogares
dos nosos alumnos. Cada mochila conten cousas para os nenos
pero tamén para seus pais e nais.
Esperamos que as disfrutedes!!!
Caderno para que tanto os nenos como os ses familares comenten sobre a mochila e o seu contido.
Caratula identificativa da mochila.
O contido dunha das nosas mochilas.
PUZZLE DA NOSA MASCOTA
NENOS E NENAS XA TEDES A VOSA DISPOSICIÓN NA BIBLIOTECA O PUZZLE DA NOSA MASCOTA . Hai puzzles con diferentes números de piezas segundo as idades.
domingo, 28 de octubre de 2012
Día das Bliotecas Escolares
O día 24, día das bibliotecas escolares,
celebramos dúas sesión de contacontos na nosa biblioteca.
-Unha para os máis pequechos (infantil e 1º
ciclo de primaria) na que lle contamos, por fin, a verdadeira historia da nosa
mascota, como a coñecemos, como chegou a nosa biblioteca e o que fai realmente aquí.
-Outra sesión para os rapaces máis grandes (2º
e 3º ciclo) na que se relata a historia dunha rapaza que non lle gustaba que
todos os contos remataban mal. Tras escoitar este conto os rapaces prometeron
crear o libro “Partes escondidas dos
contos” no que nos van contar a todos cal é a vida actual dos personaxes máis famosos dos contos. Ánimo
rapaces!! Estamos impacientes de ler os vosos contos.
A continuación, nas dúas próximas entradas, podedes ler os contos.
Contacontos para os maiores
Vouvos contar unha historia dunha nena que podería ser
calquera de vos. É a historia dunha nena
á que non lle gustaban os contos.
E díxolle a Lúa:
E non lle gustaban os contos porque pensaba que neles só
ocorren desgrazas. Carapuchiña atópase co lobo e o lobo cómese á avoa. Os tres
porquiños están mortos de medo porque outro lobo sopra e sopra para podelos
comer despois na sopa. Brancaneves sempre anda perseguida e escondida sen unha
fada que a salve e remata envelenada. Dos fillos dos dálmatas non sabemos nada,
e a pobre Cincenta é cruelmente maltratada. A Bambi mátanlle á nai e ao Rei
León ao pai.
Un día, xa cansa de non atopar ningún conto sen desgrazas
púxose pensativa a mirar para o ceo e contoulle moi triste á lúa porque non lle gustaban os contos.
A lúa contestoulle que tiña razón e que só ela tiña as
escenas dos contos que non coñecemos.
- Entra neste cráter e
conta tres, e xunta tamén os pés. Díxolle a lúa. A rapaza así o fixo e apareceu
de pronto na mesmiña Lúa.
Entrou no cráter despaciño como lle dixera a Lúa e alí
estaba a súa amiga Marula a tartaruga, de pé sobre as súas patas traseiras
dándolle a unha manivela que facía mover unha cinta transportadora. Coa pata
que lle quedaba libre ía sacando dunha caixa sen fondo todos os ingredientes
necesarios para crear os contos: un gato, unha alfombra voadora, moitas fadas,
bruxas, un mar con sereas cheas de burbullas, unha malvada, un pez anano que
podía ser Nemo, un monstro dun só ollo que conta chistes e unha pantera que non
se lle ocorre outra cousa que ser de cor rosa.
Marula bota polvos de envexas, heroes,
pesadelos, triunfadores e príncipes. Feitizos, namoramentos e venganzas, animais
que escapan e serpes que botan a lingua antes de encher a panza.
A rapaza díxolle a Marula que non metera nos
contos tantas tristezas, ni nais malas nin bichos sen cabezas.
E preguntoulle á tartaruga:
-
Podes dicirme, Marula,
a qué se dedica agora Pinocho ou se ao final Peter Pan medrou, se Mulán estudou
belas artes ou se Garfield sigue facendo o gamberro por todas partes?
A rapaza veu que da cinta
transportadora todo pasa a una cabina que xira, que Lúa tamén se mete e que un
anaquiño alí se queda, sae pronto e nun
momento, entre as mans xa ten un novo conto que lle entregou á rapaza.
E díxolle a Lúa:
- Aquí tes. Neste conto cóntoche o que
non sabes, o que lle pasa á sirenita ou cantos netos ten o Príncipe Quieto. Podes
xa lelo, pero sae do cráter primeiro.
E co conto baixo o brazo marchou a
rapaza que non puido aguantar a curiosidade e antes de saír do cráter da Lúa mirou
as tapas do libro e veu que se titulaba “As partes escondidas dos contos”.
Enterouse de que o noso querido
Pinocho ten unha nai moi boa que entre plin e plan se desmelena e resulta que
rematou convertida nunha ballena. Que o Rey León nunca morreu pero que foi a
lei da selva quen o escondeu. Que o lobo de Carapuchiña é o mesmo que o dos
tres porquiños e que non é nin máis nin menos que un bonito trasno que se chama
Lobo, que se disfraza entre os ventos para asustar un pouco aos personaxes dos
contos.
Tamén se deu conta que todos os
finais dos contos son felices porque un conto non é máis que unha historia
inventada escrita para os nenos e que non ten outra finalidade que levarnos a outros mundos, a veces a ritmo
de canción, coa única misión de alimentar a nosa imaxinación.
Cando a rapaza chegou á casa quixo
seguir lendo no seu novo libro de contos, pero descubriu que ao deixar atrás o
cráter da Lúa, nel quedaron todas as palabras que o libro tiña escritas.
Ata as nosas mans chegou ese libro
que agora está en branco, e esa rapaza que entendeu que os contos son viaxes
pola imaxinación pídevos agora a vos que volvades cubrir o libro coas
continuación de contos que vos inventedes para que queden recollidas no voso libro
das “Partes escondidas dos contos.”
Contacontos para os máis pequechos
A VERDADEIRA HISTORIA DO NOSO TRASNO
Din que é unha lenda e que ninguén os veu xamais, pero nós aquí en Bande
sabemos que non é verdade. Porque na nosa biblioteca vive unha personiña moi especial…
alguén a coñece? Quen vive na nosa biblioteca????
E sabedes como chegou aquí???? O día que a coñecemos, os profesores do cole
levamos unha grande sorpresa, porque non sabíamos que estaba aquí.
Estabamos traballando na biblioteca colocando nos libros e ao sacar un do
seu sitio… ohhhh cal non foi a nosa sorpresa cando nos atopamos con este pequeno
homiño… agachadiño… asustado… e tembloroso. Mirounos fixamente con cariña de
susto, saltou do estante e saíu disparado meterse detrás doutro libro. Parecía
que ata escoitabamos os latexos do seu corazón acelerado, e cóntovos un
segredo… eu creo que do susto… ata se fixo caca e todo… porque empezou a
cheirar a marmelada de fresas. (Que é do que fan a caca os trasnos).
Levounos un bo anaco conseguir convencelo de que non lle iamos facer nada,
e cando conseguimos tranquilízalo, pro fin saíu do seu escondite. Sentouse cas
perniñas colgadas mesmo deste estante. A profesora Lorena púxolle a man para
que saltara a ela e con moita delicadeza colocouno enriba da mesa.
Non lle podíamos quitar ollo de enriba e alí sobre esa mesa comezou a
falar:
Fai moitos, moitos anos vivía nun lugar moi moi lonxano. Alí estaba feliz
habitando unha enorme biblioteca chea, chea de libros. Era unha biblioteca con
miles de libros, pintada de moitas cores e á que cada día viñan moitísimo nenos
buscar libros para ler no seu tempo libre. Nunca estaba só e era moi feliz lendo un libro detrás doutro. Pero nun castelo
cercano vivía unha malvada bruxa que odiaba os libros e os nenos e nenas que
lles gustaba ler. Un día presentouse na biblioteca e utilizou o seu poder
contra min botándome un maleficio que fixo que se me borrara a memoria. Dende
entón os nenos deixaron de ir a aquela biblioteca que se volveu gris e escura. Os libros fóronse
estragando nos estantes sen que ninguén os lese. Eu esquecín case todo da miña vida,
non recordo nin o meu nome e vivo vagando polas bibliotecas de todo o mundo
buscando libros que me poidan dar unha pista de quen son.
Cando cheguei a Bande e vin esta biblioteca tan bonita e con tantos nenos
aos que lle gusta tanto ler recordoume a aquela vella biblioteca na que eu vivía
antes de perder a miña memoria. Así que decidín quedar aquí coa esperanza de
que estes nenos e nenas me axudaran e para ao mesmo tempo protexer esta biblioteca
da bruxa malvada que afasta aos nenos das bibliotecas para volvelas grises e
escuras. Entre todos seremos capaces de manter a malvada bruxa afastada da nosa
biblioteca vindo a ela todas a veces que poidamos e lendo cada vez máis libros.
jueves, 25 de octubre de 2012
Día das bibliotecas escolares
Como xa sabemos, onte 24 de outubro foi o día das bibliotecas escolares, e entre outras actividades, quixemos
conmemorar este día gravando un divertido vídeo con todo o que se fai un dia
nas bibliotecas dos nosos centros, catalogamos libros, os nenos collen e
devolven os seus libros, nenos que van o ordenador, sesións de contos, etc.
sábado, 12 de mayo de 2012
"Para min un libro é..."
domingo, 29 de abril de 2012
SESIÓN DE CONTACONTOS
Os nenos/as e mestres/as do centro tivemos a sorte de disfrutar no salón de actos do concello dun fermoso conto " Pepiña Maruxiña quere voar". Conta a historia dunha xoaniña que quería voar pero non tiña ás, así que, anduvo na busca da raíña das flores para que a axudara.
martes, 24 de abril de 2012
CLUB DE LECTURA
Dende fai unha semana xa está a funcionar o noso club de lectura on-line en colaboración co CEIP Otero Novas de Cortegada!!!!!!!!!!!!!!
Estamos moi orgullosos deste proxecto dirixido especialmente ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria de ambolos dous centros.
Se queredes saber máis cousas desta experiencia podedes visitar o blog pinchando no enlace da dereita e ver todos os comentarios que ao longo desta semana xa foron subindo os rapaces e rapazas.
"DÍA DO LIBRO"
Aqui tedes algunhas fotos das actividades do día de onte.
Exposión dos traballos "Para min un libro é ..."
Mercadillo de libros

Casiñas do conto "Os tres osiños" feitas polos nenos de Educación Infantil.
domingo, 22 de abril de 2012
DÍA DO LIBRO
Este luns, día 23 de abril, celebrase o “día do libro” por este motivo dende a biblioteca póñense en marcha distintas actividades:
-Exposición dos traballos “para min un libro é…”: cada alumno/a debe plasmar nun folio o que significa para el un libro.
- Mercadillo de libros.
- Intercambio de libros: cada neno/a o luns traerá un libro da súa casa que intercambiará con un compañeiro/a durante toda a semana na hora de ler.
miércoles, 18 de abril de 2012
SESIÓN DE CONTACONTOS
Un dos proxectos q levamos a cabo este ano é que os nenos
do noso centro fagan uso da biblioteca do concello fora do horario lectivo. Entre
as moitas actividades que estamos desenvolvendo para acadar este obxectivo atópanse
entre outras as seguintes:visitas de cada un dos cursos para aprendan o
funcionamento e as normas da biblioteca, actividades de contacontos, de manualidades,
etc.
Aquí vos deixamos unhas fotos da ultima sesión de
contacontos a que asistimos.
Os nenos pasárono xenial!!!
miércoles, 11 de abril de 2012
domingo, 11 de marzo de 2012
BIBLIOTECA PARA PAIS/NAIS
Púxose en marcha un recuncho para a lectura de pais e nais. Tedes este espazo situado no hall do centro, xusto na entrada. Nel podedes encontrar distintos libros adaptados os vosos gustos, prensa, revistas, etc.
Cando cheguedes cedo a deixar ou buscar os rapaces podedes utilizalo. É recordade que a biblioteca é un espazo aberto a toda a comunidade educativa, polo tanto vos tamén podedes solicitar o voso carné e así poder levar, en formato préstamo, estes libro para a casa.
Recorda, ¡Se ti les , eles len!
martes, 6 de marzo de 2012
domingo, 12 de febrero de 2012
APADRIÑAMENTO LECTOR
Os mais grandes cóntanlle contos os mais pequechos. Aquí tedes as fotos dunha das sesións de contacontos. Que caladiños e atentiños están!!
domingo, 5 de febrero de 2012
XA TEMOS MASCOTA DA BIBLIOTECA!!
Xa temos mascota!! Grazas a todos os alumnos por aportar a súas ideas e noraboa a María Feijoo de 2º de Educación Primaria, que é a autora da mascota.
sábado, 21 de enero de 2012
ACTIVIDADES PRIMEIRO TRIMESTRE
Despois dun trimestre facendonos esperar xa temos o blog da nosa biblioteca cheo de actividades. Aqui está un pequeno resumo das actividades do primeiro trimestre.
Anxo Moure, veu de visita o cole a contarnos as historias de "O carballo con botas". Recomendámosvolo, está xenial! Os nenos encantoulle.
SAMAIN
Os profes do cole representamos unha obra de teatro para os nosos alumnos. Canto se riron!!!!!
A profe Belén contounos uns contos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)