sábado, 25 de octubre de 2014

24 de Outrubro, "Día das Bibliotecas Escolares"

Un ano mais celebramos o día “grande” da biblioteca. Para conmemorar o día das bibliotecas escolares celebráronse dúas actividades principais.

 Por unha banda, a exposición dos traballos da actividade "Elixe unha frase...."  na que tanto alumnos, mestres como persoal non docente debíamos escoller e plasmar esa frase que lemos e nos marcou para sempre.

Ademais tivemos o pracer de recibir a unha contacontos moi especial, Conchita, antiga mestra de colexio. Contounos dous fermosos contos “Ruido”de Pablo Albo y Guridi e “Quen lle ten medo á carapuchiña vermella?” de Sara Sahinkanat e Ayse Inan Alican. Moitas grazas Conchita, esperamos que volvas pronto!!!.



No hay comentarios:

Publicar un comentario