domingo, 27 de octubre de 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Por mor da folga de ensino celebrada o día 24, o día das bibliotecas escolares tivo que retrasarse un día, pero por fin o venres chegou o día. Foi un gran día  porque a pesar de que a nosa nova biblioteca aínda non esta rematada de todo, xa puidemos realizar nela a nosa primeira actividade.
 Como xa vos  anunciaramos este día iamos inagurar a actividade “contacontos especiais”.  A persoa encargada de iniciarse como contacontos  foi Conchita antiga mestra do centro, profesora da maioría dos pais dos nosos alumnos. Conchita contou dous contos, un para os mais pequechos

                                                                                                                                         

                       

 e outro para os maiores.



Tanto para mestres, alumnos  como para a propia Conchita foi un día moi especial.


Pero esta non foi a única actividade, tamén se fixo unha exposición con todos os traballos dos alumnos  sobre o seu conto preferido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario