lunes, 28 de noviembre de 2022
Visita á nova Biblioteca Pública de Bande
Para conmemorar o 25-N Día da Eliminación da Violencia de Xénero visitamos a nova Biblioteca Pública de Bande. Alí Laura contounos dous contos moi interesantes e fixemos unha manualidade para decorar a nova biblioteca.
miércoles, 23 de noviembre de 2022
24 Outubro. Días das bibliotecas
Para celebrar o día das bibliotecas, o profe Santi e a orientadora Lucía contáronnos uns contos moi chulos. Aquí unha mostra.
domingo, 23 de octubre de 2022
martes, 4 de octubre de 2022
Traballando as emocións en Infantil
Este ano o PDI trata sobre emocións e o alumnado de Educación Primaria estivo traballando sobre o libro "O monstruo de cores".
No video podedes ver que bonita quedou a actividade.
lunes, 25 de abril de 2022
Contacontos en familia
As familias son unha parte importante na vida da biblioteca. Encántanos que participen en actividades e compartan tempo con todos nós.
O pasado venres veu a visitarnos Trini, nai de Jose Ramón (6ºEI) e contounos o conto "O país dos mandóns".
Día do libro: A mellor sopa do mundo
Para comemorar o Día do Libro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria representou unha obra de teatro baseada no conto infantil "A mellor sopa do mundo" de Susana Isern.
Día do libro: actividade STEAM
Na biblioteca do Xocas hoxe foi un día moi especial porque conmemoramos o Día do Libro.
Nesta data sinalada fomos científicos, decoradores, enxeñeiros e electricistas porque fixemos un "libro tecnolóxico" con circuitos eléctricos en papel.
Ademais, cada alumno/a levou un marcapáxinas feito con impresora 3D para que non perdan o fío do libro que están a ler.
Nesta data sinalada fomos científicos, decoradores, enxeñeiros e electricistas porque fixemos un "libro tecnolóxico" con circuitos eléctricos en papel.

domingo, 27 de marzo de 2022
Formación STEAM
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria traballou coa placa makey-makey e programou un circuito con sons de animais.
22 de Marzo. Día da árbore
Para conmemorar o día da árbore, contamos coa visita de axentes forestais e mediambientais. Ensináronnos os vehículos cos que traballan, explicaron as principais especies vexetais que temos na contorna do cole, fixemos un obradoiro de cremas e cada alumno/a plantou a súa propia árbore.
8M Día Internacional da Muller
miércoles, 19 de enero de 2022
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA
O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia e desde a biblioteca escolar propoñemos unha serie de lecturas que nos darán pé para a reflexión.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)