domingo, 27 de noviembre de 2016
25 de Novembro Día Internacional contra Violencia de Xénero
Ademais dunha charla sobre a Violencia de
xénero e acercar os nenos a os sexismo existente nas revistas de xoguetes, para
conmemorar o día contra a violencia de xénero todos os nenos levaron un fermoso
marca páxinas, feito por eles mesmos, para as súas casa.
jueves, 24 de noviembre de 2016
"Unha castaña de conto"
Este ano, aproveitando a festa do San Martiño,
propuxemos os alumnos que escribiran un conto no que os protagonistas estiveran
relacionados coas árbores, castañas, outono, ... Entre todos os contos elixiriamos
os mellores. A verdade e que foi todo un éxito e saíron contos preciosos.
Estamos rodeados de pequenos- grandes escritores. Aquí están os afortunados
gañadores. Moitas felicidades!!!!
miércoles, 23 de noviembre de 2016
martes, 22 de noviembre de 2016
Nenos ou Nenas???
Estes buzón estará ata o venres na biblioteca.
Aproveitando que esta semana se celebra o Día Internacional da Violencia de
Xénero e que o Nadal e os regalos están
moi preto , entre todos queremos investigar
se hai diferenzas ou non en canto os xoguetes que se ofrecen para nenos
e para nenas. Rapaces a investigar nos catálogos das xogueterías!!!!
lunes, 24 de octubre de 2016
Día das Bibliotecas Escolares
Hoxe, dia das bibliotecas escolares, iniciamos
o ciclo de actividades que dende a biblioteca se veñen a desenvolver ano tras
ano. Este ano para celebra este día todos os mestres quixemos facer un pequeno
teatrillo para os nosos alumnos. Contamos a historia do “Coelliño Branco”.
Esperamos que vos gustara!!!!





domingo, 19 de junio de 2016
miércoles, 25 de mayo de 2016
Exposición Normalización Lingüística
domingo, 22 de mayo de 2016
Celebramos o "Día das letras galegas"
Como todos os nos, e este non ía ser menos, dedicámoslle
unha semana enteira a celebrar as “letras galegas”. Como todos sabedes este ano
dedicábanselle a Manuel María. Ademais este ano tamén se celebra o IV
centenario da morte de Miguel de Cervantes. Así que esta semana fixemos
actividades tanto para Coñecer a Manuel María como o Quixote.
Traballouse a figura de Manuel María e a súa obra.


Pero a celebración das letras galegas non
quedou solo nestas dúas actividades. No centro tamén se celebrou esta semana o “XXI
Encontros de Teatro Escolar e Amateur en Bande”


domingo, 1 de mayo de 2016
Reservas da biosfera
martes, 26 de abril de 2016
Día do libro
Este ano celebramos o "Día do libro" cos nosos compañeiros de Secundaria. Coñecemos mais de cerca a Cervantes e o seu ""Quixote da Mancha"". Ademais fixemos uns bonitos marcapaxinas.
lunes, 18 de abril de 2016
Charla sobre drogas e alcohol
Os rapaces maiores acaban de recibir unha magnifica charla acerca dos problemas que trae consigo o consumo das drogas e alcohol.
domingo, 6 de marzo de 2016
Novo libro no club de lectura
Temos un novo libro por diante para coñecer novas aventura. O libro escollido esta vez foi “Nena e o mar”. Nesta ocasión decantámonos por o formato dixital. Encántanos a historia!!
miércoles, 17 de febrero de 2016
"San Valentín"
Este ano tampouco deixamos de celebrar o día dos namorados no cole. Como o 14 de febreiro foi domingo celebrámolo o luns 15. Todos os nenos, mestres e resto de persoal do centro tiveron a oportunidade de deixar a súa mensaxe de amor e/ou amizade a quen eles quixeron. As mensaxes foron depositadas no buzón que o "Xocas" nos deixou na biblioteca. O amor sentiase por todo o colexio!!!!


lunes, 1 de febrero de 2016
Día da Paz
Preciosa canción a que cantamos na biblioteca o pasado venres como conmemoración do día da paz, "Tu enemigo" de Pablo López e Juanes. Unha letra para reflexinnar e pensar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)