O día 24, día das bibliotecas escolares,
celebramos dúas sesión de contacontos na nosa biblioteca.
-Unha para os máis pequechos (infantil e 1º
ciclo de primaria) na que lle contamos, por fin, a verdadeira historia da nosa
mascota, como a coñecemos, como chegou a nosa biblioteca e o que fai realmente aquí.
-Outra sesión para os rapaces máis grandes (2º
e 3º ciclo) na que se relata a historia dunha rapaza que non lle gustaba que
todos os contos remataban mal. Tras escoitar este conto os rapaces prometeron
crear o libro “Partes escondidas dos
contos” no que nos van contar a todos cal é a vida actual dos personaxes máis famosos dos contos. Ánimo
rapaces!! Estamos impacientes de ler os vosos contos.
A continuación, nas dúas próximas entradas, podedes ler os contos.
Caramba... que contos máis interesantes... ji, ji...
ResponderEliminarEspero que os nenos e nenas disfrutaran deles tanto como os profes o fixemos preparándoos e contándoos ese día.
Un saúdo a todos e felicidades ao equipo da biblioteca polo seu traballo.