E non lle gustaban os contos porque pensaba que neles só
ocorren desgrazas. Carapuchiña atópase co lobo e o lobo cómese á avoa. Os tres
porquiños están mortos de medo porque outro lobo sopra e sopra para podelos
comer despois na sopa. Brancaneves sempre anda perseguida e escondida sen unha
fada que a salve e remata envelenada. Dos fillos dos dálmatas non sabemos nada,
e a pobre Cincenta é cruelmente maltratada. A Bambi mátanlle á nai e ao Rei
León ao pai.
Un día, xa cansa de non atopar ningún conto sen desgrazas
púxose pensativa a mirar para o ceo e contoulle moi triste á lúa porque non lle gustaban os contos.
A lúa contestoulle que tiña razón e que só ela tiña as
escenas dos contos que non coñecemos.
- Entra neste cráter e
conta tres, e xunta tamén os pés. Díxolle a lúa. A rapaza así o fixo e apareceu
de pronto na mesmiña Lúa.
Entrou no cráter despaciño como lle dixera a Lúa e alí
estaba a súa amiga Marula a tartaruga, de pé sobre as súas patas traseiras
dándolle a unha manivela que facía mover unha cinta transportadora. Coa pata
que lle quedaba libre ía sacando dunha caixa sen fondo todos os ingredientes
necesarios para crear os contos: un gato, unha alfombra voadora, moitas fadas,
bruxas, un mar con sereas cheas de burbullas, unha malvada, un pez anano que
podía ser Nemo, un monstro dun só ollo que conta chistes e unha pantera que non
se lle ocorre outra cousa que ser de cor rosa.
Marula bota polvos de envexas, heroes,
pesadelos, triunfadores e príncipes. Feitizos, namoramentos e venganzas, animais
que escapan e serpes que botan a lingua antes de encher a panza.
A rapaza díxolle a Marula que non metera nos
contos tantas tristezas, ni nais malas nin bichos sen cabezas.
E preguntoulle á tartaruga:
-
Podes dicirme, Marula,
a qué se dedica agora Pinocho ou se ao final Peter Pan medrou, se Mulán estudou
belas artes ou se Garfield sigue facendo o gamberro por todas partes?
A rapaza veu que da cinta
transportadora todo pasa a una cabina que xira, que Lúa tamén se mete e que un
anaquiño alí se queda, sae pronto e nun
momento, entre as mans xa ten un novo conto que lle entregou á rapaza.
E díxolle a Lúa:
- Aquí tes. Neste conto cóntoche o que
non sabes, o que lle pasa á sirenita ou cantos netos ten o Príncipe Quieto. Podes
xa lelo, pero sae do cráter primeiro.
E co conto baixo o brazo marchou a
rapaza que non puido aguantar a curiosidade e antes de saír do cráter da Lúa mirou
as tapas do libro e veu que se titulaba “As partes escondidas dos contos”.
Enterouse de que o noso querido
Pinocho ten unha nai moi boa que entre plin e plan se desmelena e resulta que
rematou convertida nunha ballena. Que o Rey León nunca morreu pero que foi a
lei da selva quen o escondeu. Que o lobo de Carapuchiña é o mesmo que o dos
tres porquiños e que non é nin máis nin menos que un bonito trasno que se chama
Lobo, que se disfraza entre os ventos para asustar un pouco aos personaxes dos
contos.
Tamén se deu conta que todos os
finais dos contos son felices porque un conto non é máis que unha historia
inventada escrita para os nenos e que non ten outra finalidade que levarnos a outros mundos, a veces a ritmo
de canción, coa única misión de alimentar a nosa imaxinación.
Cando a rapaza chegou á casa quixo
seguir lendo no seu novo libro de contos, pero descubriu que ao deixar atrás o
cráter da Lúa, nel quedaron todas as palabras que o libro tiña escritas.
Ata as nosas mans chegou ese libro
que agora está en branco, e esa rapaza que entendeu que os contos son viaxes
pola imaxinación pídevos agora a vos que volvades cubrir o libro coas
continuación de contos que vos inventedes para que queden recollidas no voso libro
das “Partes escondidas dos contos.”
Olaaa lin o conto e gustoume ...jehe os que o fixeron quedoulles moi guayy..jiji adeus bicos a todosss e especialmente para os que fixeron o libro ..jehr
ResponderEliminar