A VERDADEIRA HISTORIA DO NOSO TRASNO
Din que é unha lenda e que ninguén os veu xamais, pero nós aquí en Bande
sabemos que non é verdade. Porque na nosa biblioteca vive unha personiña moi especial…
alguén a coñece? Quen vive na nosa biblioteca????
E sabedes como chegou aquí???? O día que a coñecemos, os profesores do cole
levamos unha grande sorpresa, porque non sabíamos que estaba aquí.
Estabamos traballando na biblioteca colocando nos libros e ao sacar un do
seu sitio… ohhhh cal non foi a nosa sorpresa cando nos atopamos con este pequeno
homiño… agachadiño… asustado… e tembloroso. Mirounos fixamente con cariña de
susto, saltou do estante e saíu disparado meterse detrás doutro libro. Parecía
que ata escoitabamos os latexos do seu corazón acelerado, e cóntovos un
segredo… eu creo que do susto… ata se fixo caca e todo… porque empezou a
cheirar a marmelada de fresas. (Que é do que fan a caca os trasnos).
Levounos un bo anaco conseguir convencelo de que non lle iamos facer nada,
e cando conseguimos tranquilízalo, pro fin saíu do seu escondite. Sentouse cas
perniñas colgadas mesmo deste estante. A profesora Lorena púxolle a man para
que saltara a ela e con moita delicadeza colocouno enriba da mesa.
Non lle podíamos quitar ollo de enriba e alí sobre esa mesa comezou a
falar:
Fai moitos, moitos anos vivía nun lugar moi moi lonxano. Alí estaba feliz
habitando unha enorme biblioteca chea, chea de libros. Era unha biblioteca con
miles de libros, pintada de moitas cores e á que cada día viñan moitísimo nenos
buscar libros para ler no seu tempo libre. Nunca estaba só e era moi feliz lendo un libro detrás doutro. Pero nun castelo
cercano vivía unha malvada bruxa que odiaba os libros e os nenos e nenas que
lles gustaba ler. Un día presentouse na biblioteca e utilizou o seu poder
contra min botándome un maleficio que fixo que se me borrara a memoria. Dende
entón os nenos deixaron de ir a aquela biblioteca que se volveu gris e escura. Os libros fóronse
estragando nos estantes sen que ninguén os lese. Eu esquecín case todo da miña vida,
non recordo nin o meu nome e vivo vagando polas bibliotecas de todo o mundo
buscando libros que me poidan dar unha pista de quen son.
Cando cheguei a Bande e vin esta biblioteca tan bonita e con tantos nenos
aos que lle gusta tanto ler recordoume a aquela vella biblioteca na que eu vivía
antes de perder a miña memoria. Así que decidín quedar aquí coa esperanza de
que estes nenos e nenas me axudaran e para ao mesmo tempo protexer esta biblioteca
da bruxa malvada que afasta aos nenos das bibliotecas para volvelas grises e
escuras. Entre todos seremos capaces de manter a malvada bruxa afastada da nosa
biblioteca vindo a ela todas a veces que poidamos e lendo cada vez máis libros.
Que apasionante é a vida da vosa mascota...
ResponderEliminarencántame!!!canto traballades