Mirade que bonita a nova estantería da nosa biblioteca. O artista é o pai dunha alumna de Educación Infantil. Moitas grazas Randino!!!!!
miércoles, 13 de noviembre de 2013
lunes, 11 de noviembre de 2013
Magosto
Hoxe celebramos o magosto, fixemos varias actividades: xogos populares, puzle dunha castaña e pintalo, contar un conto, etc. e por suposto tamén comemos no patio cunha fogata. Foi un gran día.
domingo, 10 de noviembre de 2013
Lectura Informal
Pouco a pouco vaise completando a nosa nova biblioteca. Mirade que rincón tan chulo e cómodo para a lectura. Esta situado no hall da biblioteca, os rapaces encántalles.
Charla sobre alimentación
Esta semana na biblioteca aprendemos moito sobre o concepto de alimentación variada e equilibrada e a importancia da nosa dieta mediterránea. Mari, a profe de prácticas (que tamén é dietista), deulles unha charla os nenos de 2º e 3º ciclo que levaban unha semana investigando sobre o tema. Recordade rapaces o que vos dixo Mari "Hai que comer de todo".
miércoles, 6 de noviembre de 2013
A biblioteca no centro de saúde
Rapaces xa tendes
un anaquiño da biblioteca no centro de saúde. A partires de agora a espera para
entrar o medico xa non será tan longa. Esperamos que disfrutedes da maleta de
libros e contádenos no caderno a vosa opinión. Veña, a ler!!!
lunes, 4 de noviembre de 2013
Novo rincón de lectura
Xa temos un novo rincón para a lectura no hall da nova biblioteca. Que bonito e cómodo é!!!.
Xa sabedes rapaces a partires de hoxe xa o podedes utilizar en calquera momento.
Tamén vos podemos decir que en breve poderemos inagurar a nova biblioteca. Faltan algunhas cousiñas, pero xa queda pouco!!!
domingo, 3 de noviembre de 2013
SAMAIN
O pasado mércores celebramos Samaín. Que medo pasamos!!! O hall do colexio e da biblioteca converteuse nun cementerio oscuriiisimo!! Nenos e profesores participamos en diversas actividades: buscar libros de medo, escenificamos contos e escoitamos historias de medo, todo neste terrorífico cementerio.
lunes, 28 de octubre de 2013
Mochilas Viaxeiras
Un ano mais vólvense
por en marcha as mochilas viaxeiras.
Esperamos que vos gusten e poidades
disfrutar con elas rapaces!!!
domingo, 27 de octubre de 2013
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Por mor da folga de ensino celebrada o día 24,
o día das bibliotecas escolares tivo que retrasarse un día, pero por fin o
venres chegou o día. Foi un gran día porque a pesar de que a nosa nova biblioteca
aínda non esta rematada de todo, xa puidemos realizar nela a nosa primeira
actividade.
Como
xa vos anunciaramos este día iamos
inagurar a actividade “contacontos especiais”.
A persoa encargada de iniciarse como contacontos foi Conchita antiga mestra do centro,
profesora da maioría dos pais dos nosos alumnos. Conchita contou dous contos,
un para os mais pequechos
e outro para os maiores.
Tanto para mestres, alumnos como para a propia Conchita foi un día moi
especial.
Pero esta non foi a única actividade, tamén
se fixo unha exposición con todos os traballos dos alumnos sobre o seu conto preferido.
miércoles, 23 de octubre de 2013
Cambios de plans
Por mor da folga convocada para mañá vamos ter que cambiar o plan de actividades para o día das bibliotecas escolares. Sintooo moito nenos, pero o contacontos que estaba pensado para mañá celebrarase o venres. Teredes que esperar un día mais para saber quen inagura a nosa actividade de CONTACONTOS ESPECIAIS..... quen será????
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)















