Por mor da folga de ensino celebrada o día 24,
o día das bibliotecas escolares tivo que retrasarse un día, pero por fin o
venres chegou o día. Foi un gran día porque a pesar de que a nosa nova biblioteca
aínda non esta rematada de todo, xa puidemos realizar nela a nosa primeira
actividade.
Como
xa vos anunciaramos este día iamos
inagurar a actividade “contacontos especiais”.
A persoa encargada de iniciarse como contacontos foi Conchita antiga mestra do centro,
profesora da maioría dos pais dos nosos alumnos. Conchita contou dous contos,
un para os mais pequechos
e outro para os maiores.
Tanto para mestres, alumnos como para a propia Conchita foi un día moi
especial.
Pero esta non foi a única actividade, tamén
se fixo unha exposición con todos os traballos dos alumnos sobre o seu conto preferido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario