Hoxe celebramos o magosto, fixemos varias actividades: xogos populares, puzle dunha castaña e pintalo, contar un conto, etc. e por suposto tamén comemos no patio cunha fogata. Foi un gran día.
lunes, 11 de noviembre de 2013
domingo, 10 de noviembre de 2013
Lectura Informal
Pouco a pouco vaise completando a nosa nova biblioteca. Mirade que rincón tan chulo e cómodo para a lectura. Esta situado no hall da biblioteca, os rapaces encántalles.
Charla sobre alimentación
Esta semana na biblioteca aprendemos moito sobre o concepto de alimentación variada e equilibrada e a importancia da nosa dieta mediterránea. Mari, a profe de prácticas (que tamén é dietista), deulles unha charla os nenos de 2º e 3º ciclo que levaban unha semana investigando sobre o tema. Recordade rapaces o que vos dixo Mari "Hai que comer de todo".
miércoles, 6 de noviembre de 2013
A biblioteca no centro de saúde
Rapaces xa tendes
un anaquiño da biblioteca no centro de saúde. A partires de agora a espera para
entrar o medico xa non será tan longa. Esperamos que disfrutedes da maleta de
libros e contádenos no caderno a vosa opinión. Veña, a ler!!!
lunes, 4 de noviembre de 2013
Novo rincón de lectura
Xa temos un novo rincón para a lectura no hall da nova biblioteca. Que bonito e cómodo é!!!.
Xa sabedes rapaces a partires de hoxe xa o podedes utilizar en calquera momento.
Tamén vos podemos decir que en breve poderemos inagurar a nova biblioteca. Faltan algunhas cousiñas, pero xa queda pouco!!!
domingo, 3 de noviembre de 2013
SAMAIN
O pasado mércores celebramos Samaín. Que medo pasamos!!! O hall do colexio e da biblioteca converteuse nun cementerio oscuriiisimo!! Nenos e profesores participamos en diversas actividades: buscar libros de medo, escenificamos contos e escoitamos historias de medo, todo neste terrorífico cementerio.
lunes, 28 de octubre de 2013
Mochilas Viaxeiras
Un ano mais vólvense
por en marcha as mochilas viaxeiras.
Esperamos que vos gusten e poidades
disfrutar con elas rapaces!!!
domingo, 27 de octubre de 2013
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Por mor da folga de ensino celebrada o día 24,
o día das bibliotecas escolares tivo que retrasarse un día, pero por fin o
venres chegou o día. Foi un gran día porque a pesar de que a nosa nova biblioteca
aínda non esta rematada de todo, xa puidemos realizar nela a nosa primeira
actividade.
Como
xa vos anunciaramos este día iamos
inagurar a actividade “contacontos especiais”.
A persoa encargada de iniciarse como contacontos foi Conchita antiga mestra do centro,
profesora da maioría dos pais dos nosos alumnos. Conchita contou dous contos,
un para os mais pequechos
e outro para os maiores.
Tanto para mestres, alumnos como para a propia Conchita foi un día moi
especial.
Pero esta non foi a única actividade, tamén
se fixo unha exposición con todos os traballos dos alumnos sobre o seu conto preferido.
miércoles, 23 de octubre de 2013
Cambios de plans
Por mor da folga convocada para mañá vamos ter que cambiar o plan de actividades para o día das bibliotecas escolares. Sintooo moito nenos, pero o contacontos que estaba pensado para mañá celebrarase o venres. Teredes que esperar un día mais para saber quen inagura a nosa actividade de CONTACONTOS ESPECIAIS..... quen será????
martes, 15 de octubre de 2013
CONTACONTOS ESPECIAIS
Este ano vamos
por en marcha de novo as sesións de contacontos pero dun xeito especial. Os
nosos contacontos van ser persoas que
non están agora no colexio pero que dun xeito ou outro e algún momento do pasado
si tiveron vinculación co mesmo. Inaguramos
esta actividade o próximo xoves 24, día das bibliotecas escolares, Que será o
noso/a contacontos???? Fáganse apostas…… Asegúrovos que non vos vai defraudar.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)














