miércoles, 31 de enero de 2018

30 de Xaneiro, Día da Paz

Neste Día da Paz os nenos e nenas  escribiron fermosos mensaxes de Paz que gardamos nunha "Caixa dos desexos". Os mensaxes desta caixa foron repartidos polo pobo.




martes, 6 de junio de 2017

XXII ENCONTROS DE TEATRO ESCOLAR E AMATEUR DE BANDE

Como todos os anos, o pasado mes de maio, celebramos os Encontros de Teatro Escolar e Amateur. Unha semana cargada de emocións, teatro e convivencia con outros colexios. Moitas grazas a todos os centros por vir e noraboa polas actuacións.












Un trimestre cheo de actividades

Acercándose o final do curso, e xa que durante este trimestre non tivemos moito tempo, queremos agora compartir con todos  as actividades que estivemos a facer estes últimos meses.

-- Xuntanza cos alumno do IES sobre o club de lectura.
  


 




-- Charla sobre a Biosfera.



-- Saiu a biblioteca o patio no DÍA DO LIBRO.



-- Exposición de Normalización lingüística no hall da biblioteca.



-- Celebramos as LETRAS GALEGAS



domingo, 26 de marzo de 2017

Coñecemos as nosas emocións

Este trimestre estamos coñecendo as nosas emocións. Xa se van vendo pequenos traballos nos corredores do colexio.







martes, 7 de marzo de 2017

Un mes de Febreiro cargado de actividades

Durante todo o mes ocurriron varias cousas na nosa biblioteca.
Comezamos o mes estreando novo libro no noso clube de lectura. Esta vez ademáis dos nenos do terceiro ciclo está a participar tamén unha alumna de 4º curso, benvida Angela!!










Continuamos celebrando o 14 de febreiro o día dos namorados. O nos buzón de dos bos desexos encheuse de mensaxes.

                         



Durante o entroido tivemos unha visita moi especial, os Troteiros, personaxe típico do entrodo de bande.