martes, 3 de noviembre de 2015

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Aínda que cun pouco de retraso, aqui deixamos unhas fotiños de como celebramos o día da nosa biblioteca. Agradecemos a Conchita (incondicional todos os anos) e a profe Begoña que nos contaran eses estupendos contos.


martes, 20 de octubre de 2015

COMEZA O CLUB DE LECTURA

Acercase o 24 de Outubro, día das bibliotecas escolares, e como sempre, cando se acerca esta fecha,  faise a apertura oficial da nosa biblioteca e danse comezo as diversas actividades que ano tras ano pomos en marcha.

A semana pasada comezouse co programa de habilidades sociais que se leva a cabo nos diferentes ciclos de primaria. Mañá ponse en marcha o club de lectura. Este ano comezamos co libro “Konrad o el niño que salio de una lata de conservas”. Recordade que todos os mércores na hora de ler tedes unha cita na biblioteca.


miércoles, 10 de junio de 2015

lunes, 1 de junio de 2015

domingo, 26 de abril de 2015

Apadriñamento lector

O venres continuamos celebrando o día do libro. Esta vez fomos de visita o IES para que os  noso padriños e madriñas nos leran un conto.





jueves, 23 de abril de 2015

23 de abril, Día do Libro

Para  conmemorar o día do libro iniciase un ciclo de contacontos  que os alumnos do 3ª ciclo prepararon para o resto de compañeiros do colexio. 





miércoles, 4 de marzo de 2015

Formación de usuarios

Mañá comezan as sesión de formación que os alumno de terceiro ciclo van dar os rapaces do  I.E.S. Vanlles ensinar as cousas básicas para poder manexarse nunha biblioteca.

Os horarios para a formación serán:

Xoves 5 de Marzo: de 10.30 ata 13:00 horas.

Venres 6 de Marzo de 11:30 ata 12:00 horas.

Martes 10 de Marzo: de 11:30 ata 13:00 horas.

domingo, 1 de marzo de 2015

Entroido 2015

Aínda que con un pouco de retraso, aquí están as fotos do Entroido. Como este ano o  PDI trata sobre as antigas civilizacións, no Entroido retrocedemos no tempo para coñecer os romanos, celtas, etc.

 Os nenos de 3 anos de Hindús



 Os pequechos de 3 e 4 anos de Celtas



 Os rapaces do 1º ciclo disfrazaronse de Romanos



 Os Mayas pasaron por a clase de 2º ciclo de primaria.



Os rapaces do 3º ciclo foron pesonaxes do antigo Exipto.