lunes, 6 de mayo de 2013

XVIII ENCONTROS DE TEATRO ESCOLAR E AMATEUR EN BANDE

DO 13 AO 16 DE MAIO 2013

Lugar De Celebración: Salón de actos CEIP Xoaquín Lourenzo


LUNS 13

9:45 h. Inauguración dos Encontros.
10:00 h. Obra ..................................................................... “O MAGO DE OZ”
Centro .......................................... CEIP Xoaquín Lourenzo (Bande)
Dirección ......... Rosario Gómez Tinoco/José A. González Rguez.
Curso ............................................... 5º e 6º de Educación Primaria

11:00h. Obra ................................................. “IR Á ESCOLA NON AMOLA’“
Centro .......................................................... CEIP do Xurés (Lobios)
Dirección ................................. María Carmen López Domínguez
Curso ......................................... 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

11:30 h. Obra ........................................................................... “POLAS PÓLAS”
Centro .................................................. CEIP San Marcos (Cartelle)
Dirección........................................................ Sonia Rodríguez Paz
Curso ............................................ 3º ciclo de Educación Primaria


MARTES 14

10:30 h. Obra ....................................................... “A CASTAÑA PRODIXIOSA”
Centro ............................................. CEIP Manuel Sueiro (Ourense)
Dirección ................................................. Mº Concepción Camiña
Curso ............................................... 1º e 2º de Educación Primaria

11:00 h. Obra ........................................... “AO DOUTOR ALONSO MARIANO”
Centro ...............................................CEIP O Ruxidoiro (A Valenzá)
Dirección... Carmen Fdez. Gómez e Marosa Sabucedo Balado
Curso ....................................................... 6º de Educación Primaria

12:00 h. Obra ........................................................ “QUEN DIXO BOMBÓNS?”
Centro ................................................. CEIP Plurilingüe dos Blancos
Dirección .............................................. José Rodríguez Rodríguez
Curso................................................. Educación Infantil e Primaria


MÉRCORES 15

10:00h. Obra ................................. “CINSENTA NON SE QUERE NAMORAR“
Centro ................................................I.A.E. Santo Ángel (Ourense)
Dirección ........................... Ricardo Rodríguez/Rosa María Alonso
Curso ................................................. 4º e 5º de Educación Primaria

11:00h. Obra ............................................................ “A HISTORIA DE PETER“
Centro .................... Grupo amateur “Caixa Desastre” (Ourense)
Dirección ................................................. Andrés Rodríguez Yáñez
Curso............................................... 5º e 6º de Educación Primaria


XOVES 16
10:00h. Obra .......................................................................... “ANIMALIÑOS”
Centro ......................................... I.E.S. Aquis Querquernis (Bande)
Dirección ...........................................................Olga Piñón Losada
Curso........................................................................................ 4º ESO

11:00 h. Obra ...................................................................................... “A MOA”
Centro ................................ CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás)
Dirección .......................................................... José María Varela
Curso ............................................. 5º e 6º de Educación Primaria


11:30 h. Obra ...................................................... “OS ANIMAIS NO PARAÍSO”
Centro.......................................... CEIP Emilia Pardo Bazán (Leiro)
Dirección ............................................ Montserrat Prieto Carneiro
Curso ........................ Tod@s @s alumn@s de Educación Primaria

OBRA A REPRESENTAR NO ALBERGUE
11:00h. Obra................................................................................... “FOBIAS”
Centro.................................. IES Celso Emilio Ferreiro (Celanova)
Dirección .................................................... Camila Álvarez Rivero
Curso ............................................... 3º e 4º ESO“Taller de Teatro“


ORGANIZACIÓN E PATROCINIO:
CEIP Xoaquín Lourenzo de Bande
IES Aquis Querquernis de Bande
Concello de Bande

XOCAS COÑECE A FINA CASALDERREY



Foi un pracer Fina.

domingo, 21 de abril de 2013

THE FANTASTIC FLYING BOOKS OF MR. MORRIS LESSMORE

Preséntovos un marabilloso corto que vamos a visualizar e traballar durante esta semana que se celebra o día do libro (23 de abril).


É unha curtametraxe animada  de 2011 dirixida por Willian Joyce y Brandon  Oldenburg . Gañou un Óscar na categoría  de mellor curtametraxe animada.


Moitas grazas Tatiana, do cole de Celanova, por presentarnos esta estupenda curta.

miércoles, 17 de abril de 2013

AMIZADE

Mirade que bonito poema escribiu a alumna  Rocio Seijo Reyes de  6º curso.


Amizade, bonita palabra,
sentimento entre amigos
que a túa porta sempre chama
cando estás aflixido.

Cando estou sen razón
e non encontro consolo
eu sempre me acordo
do teu gran corazón.

Tamén cando estou alegre
gústame compartirte,
contarte, dicirte e sentirte
cos meus amigo e outra xente.


martes, 26 de febrero de 2013

RECITANDO A ROSALÍA


Como todos xa sabedes, o 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro. No noso centro quixemos recordar esta poetisa recitando un dos seus poemas pertencente a "Cantares Gallegos". Aquí vos deixamos o vídeo. Desfrutade do poema recitado polos alumnos e alumnas do Xocas.

jueves, 14 de febrero de 2013

SAN VALENTÍN

Hoxe  celebrouse no cole o día de San Valentín. Os sentimentos de amor e amizade percorreron o colexio. Nenos, mestres e o demais persoal do centro tivemos hoxe a oportunidade de escribirlle unha carta a ese compañeiro/a o lle queriamos expresar o moito que o apreciamos.  As cartas foros depositadas o longo da maña na“caixiña do amor” e foron repartidas despois de comer.



lunes, 11 de febrero de 2013

ENTROIDO!!!!

Este ano a temática para o Entroido foron “CONTOS CLÁSICOS”. Cada curso escolleu un conto e disfrazouse  dos personaxes do mesmo. Pasámolo xenial!!!!!!!


Os pequeniños de tres anos de "Carapuchiña vermella".

4 e 5 anos de "Brancaneves e os sete ananiños"

Os "Frautistas de Hamelin" do primeiro ciclo.

Os nenos de 2º ciclo foron de "O soldadiño de chumbo"

E os maiores de "Peter Pam".

martes, 5 de febrero de 2013

ESTE ANO O MECO É...????


Nenos e nenas estade moi atentos todos os días o que nos di o Xocas de como temos que vir vestidos o día seguinte

domingo, 16 de diciembre de 2012

SERVIZO DE URXENCIAS

Xa temos o noso servizo de urxencias listo.Así que nenos e nenas a partires de agora todos os libro que vexades que non estean en bo estado pódeos  na ambulancia e serán levados a reparar. Moitas grazas