lunes, 25 de abril de 2022
Día do libro: actividade STEAM
Na biblioteca do Xocas hoxe foi un día moi especial porque conmemoramos o Día do Libro.
Nesta data sinalada fomos científicos, decoradores, enxeñeiros e electricistas porque fixemos un "libro tecnolóxico" con circuitos eléctricos en papel.
Ademais, cada alumno/a levou un marcapáxinas feito con impresora 3D para que non perdan o fío do libro que están a ler.
Nesta data sinalada fomos científicos, decoradores, enxeñeiros e electricistas porque fixemos un "libro tecnolóxico" con circuitos eléctricos en papel.

domingo, 27 de marzo de 2022
Formación STEAM
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria traballou coa placa makey-makey e programou un circuito con sons de animais.
22 de Marzo. Día da árbore
Para conmemorar o día da árbore, contamos coa visita de axentes forestais e mediambientais. Ensináronnos os vehículos cos que traballan, explicaron as principais especies vexetais que temos na contorna do cole, fixemos un obradoiro de cremas e cada alumno/a plantou a súa propia árbore.
8M Día Internacional da Muller
miércoles, 19 de enero de 2022
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA
O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia e desde a biblioteca escolar propoñemos unha serie de lecturas que nos darán pé para a reflexión.
jueves, 25 de noviembre de 2021
CONMEMORACIÓN 25 N
Hoxe día 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e desde o CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas fixemos actividades para reflexionar e tomar conciencia.
miércoles, 3 de noviembre de 2021
RECOMENDACIÓNS PARA O 25 N
No CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas conmemoramos o día 25 de Novembro "Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres".
Desde a biblioteca propoñemos a lectura e posterior reflexión dos seguintes títulos.
VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE OURENSE
Para conmemorar o día das bibliotecas, fomos de visita á BIBLIOTECA PÚBLICA DE OURENSE. Alí vimos distintos formatos de libros, escoitamos contos, pintamos e nos mergullamos no seu amplo catálogo.
Deixamos un vídeo da visita!
lunes, 25 de octubre de 2021
DÍA DA BIBLIOTECA
Para conmemorar o día das bibliotecas, fixemos unha actividade onde xuntamos o mundo dos contos e a robótica.
Demos unha volta ao conto "Corre corre cabaciña" e convertemos á velliña nun ozobot que foi percorrendo o camiño ata chegar á casa da súa neta, para despois volver e burlar as feras que a agardaban.