lunes, 25 de abril de 2022

Día do libro: actividade STEAM

Na biblioteca do Xocas hoxe foi un día moi especial 
porque conmemoramos o Día do Libro.

Nesta data sinalada fomos científicos, decoradores, enxeñeiros e electricistas porque fixemos un "libro tecnolóxico" con circuitos eléctricos en papel.
Ademais, cada alumno/a levou un marcapáxinas feito con impresora 3D para que non perdan o fío do libro que están a ler.





domingo, 27 de marzo de 2022

Formación STEAM

 O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria traballou coa placa makey-makey e programou un circuito con sons de animais.


             



             




22 de Marzo. Día da árbore

 Para conmemorar o día da árbore, contamos coa visita de axentes forestais e mediambientais. Ensináronnos os vehículos cos que traballan, explicaron as principais especies vexetais que temos na contorna do cole, fixemos un obradoiro de cremas e cada alumno/a plantou a súa propia árbore.

                      


                      




8M Día Internacional da Muller

 O día 8 de Marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Fixemos actividades e contamos coa visita de Pakolas que acercou ao cole a historia de Ramona Órbita.  


Concerto de Pakolas



Mulleres importantes








                
Pasapalabra da Muller

  

miércoles, 19 de enero de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia e desde a biblioteca escolar propoñemos unha serie de lecturas que nos darán pé para a reflexión.




jueves, 25 de noviembre de 2021

CONMEMORACIÓN 25 N

 Hoxe día 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e desde o CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas fixemos actividades para reflexionar e tomar conciencia.




                             








 

miércoles, 3 de noviembre de 2021

RECOMENDACIÓNS PARA O 25 N

No CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas conmemoramos o día 25 de Novembro "Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres". 

Desde a biblioteca propoñemos a lectura e posterior reflexión dos seguintes títulos.




VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE OURENSE

 Para conmemorar o día das bibliotecas, fomos de visita á BIBLIOTECA PÚBLICA DE OURENSE. Alí vimos distintos formatos de libros, escoitamos contos, pintamos e nos mergullamos no seu amplo catálogo.

Deixamos un vídeo da visita!




lunes, 25 de octubre de 2021

DÍA DA BIBLIOTECA

Para conmemorar o día das bibliotecas, fixemos unha actividade onde xuntamos o mundo dos contos e a robótica.

Demos unha volta ao conto "Corre corre cabaciña" e convertemos á velliña nun ozobot que foi percorrendo o camiño ata chegar á casa da súa neta, para despois volver e burlar as feras que a agardaban.


       





viernes, 1 de octubre de 2021

Pájaro Amarillo

Os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil estiveron traballando o respecto pola diversidade e o compañerismo co libro "Pájaro Amarillo" de Olga de Dios.

Mirade que artistas!