miércoles, 25 de mayo de 2016

Exposición Normalización Lingüística

Esta semana temos no centro a exposición da Equipa de Normalización Lingüística Baixa Limia-Terras de Celanova. Este ano o tema dos traballos é "a paisaxe romatica". Podedes vela no hall da biblioteca.


domingo, 22 de mayo de 2016

Celebramos o "Día das letras galegas"

Como todos os nos, e este non ía ser menos, dedicámoslle unha semana enteira a celebrar as “letras galegas”. Como todos sabedes este ano dedicábanselle a Manuel María. Ademais este ano tamén se celebra o IV centenario da morte de Miguel de Cervantes. Así que esta semana fixemos actividades tanto para Coñecer a Manuel María como o Quixote.

Traballouse a figura de Manuel María e a súa obra.




Os nenos do IES falaronnos de Manuel María.




Pero a celebración das letras galegas non quedou solo nestas dúas actividades. No centro tamén se celebrou esta semana o “XXI Encontros de Teatro Escolar e Amateur en Bande”






domingo, 1 de mayo de 2016

Reservas da biosfera

Estamos a coñecer o noso país. E a verdade que cada día descubrimos cousas mais fascinantes. A cantidade de lugares de reserva da biosfera que hai en España e nos se sabelo!!!!! Coñecemos mais de cerca preciosos lugares do Norte de Galicia.


martes, 26 de abril de 2016

Día do libro

Este ano celebramos o "Día do libro"  cos nosos compañeiros de Secundaria. Coñecemos mais de cerca a Cervantes e o seu ""Quixote da Mancha"".  Ademais fixemos uns bonitos marcapaxinas.





lunes, 18 de abril de 2016

Charla sobre drogas e alcohol

Os rapaces maiores acaban de recibir unha magnifica charla acerca dos problemas que trae consigo o consumo das drogas e alcohol.

domingo, 6 de marzo de 2016

Novo libro no club de lectura

Temos un novo libro por diante para coñecer novas aventura. O libro escollido esta vez foi “Nena e o mar”. Nesta ocasión decantámonos por o formato dixital. Encántanos a historia!!




miércoles, 17 de febrero de 2016

"San Valentín"

Este ano tampouco deixamos de celebrar o día dos namorados no cole. Como o 14 de febreiro foi domingo celebrámolo o luns 15. Todos os nenos, mestres e resto de persoal do centro tiveron a oportunidade de deixar a súa mensaxe de amor e/ou amizade a quen eles quixeron. As mensaxes foron depositadas no buzón que o "Xocas" nos deixou na biblioteca. O amor sentiase por todo o colexio!!!!


lunes, 1 de febrero de 2016

Día da Paz


Preciosa canción a que cantamos na biblioteca o pasado venres como conmemoración do día da paz, "Tu enemigo" de Pablo López e Juanes. Unha letra para reflexinnar e pensar.

domingo, 27 de diciembre de 2015

Charla sobre consumo para os mais pequechos

Nesta época de Nadal, na que lles facemos as nosas peticións o Papa Noel e os Reis magos non está de mais saber o que lle debemos pedir.  Non so lle debemos pedir xoguetes, e no caso de que lle pidamos xoguetes ter en conta que sexan seguros e os axeitados para a nosa idade.









LECTURAS DE NADAL