Estamos a coñecer o noso país. E a verdade que
cada día descubrimos cousas mais fascinantes. A cantidade de lugares de reserva
da biosfera que hai en España e nos se sabelo!!!!! Coñecemos mais de cerca
preciosos lugares do Norte de Galicia.
Este ano celebramos o "Día do libro" cos nosos compañeiros de Secundaria. Coñecemos mais de cerca a Cervantes e o seu ""Quixote da Mancha"". Ademais fixemos uns bonitos marcapaxinas.
Temos un novo libro por diante para coñecer novas aventura. O libro escollido esta vez foi “Nena e o mar”. Nesta ocasión decantámonos por o formato dixital. Encántanos a historia!!
Este ano tampouco deixamos de celebrar o día dos namorados no cole. Como o 14 de febreiro foi domingo celebrámolo o luns 15. Todos os nenos, mestres e resto de persoal do centro tiveron a oportunidade de deixar a súa mensaxe de amor e/ou amizade a quen eles quixeron. As mensaxes foron depositadas no buzón que o "Xocas" nos deixou na biblioteca. O amor sentiase por todo o colexio!!!!
Preciosa canción a que cantamos na biblioteca o pasado venres como conmemoración do día da paz, "Tu enemigo" de Pablo López e Juanes. Unha letra para reflexinnar e pensar.
Nesta época de Nadal, na que lles facemos as
nosas peticións o Papa Noel e os Reis magos non está de mais saber o que lle
debemos pedir. Non so lle debemos pedir xoguetes, e no caso de que lle
pidamos xoguetes ter en conta que sexan seguros e os axeitados para a nosa
idade.
A semana pasada visitamos a Biblioteca Municipal para participar na campaña nunha capaña de recollida de comida. Levamos o noso quili de comida, e como agasallo recibimos un libro. Viñemos encantados!!!
A semana pasada celebramos a festa do Samaín. Adicamos toda a semana a hora de ler a contar historias de medo na biblioteca e acabamos a semana creando as nosas propias historias terroríficas nunha velada nocturna que compartimos todos os nenos de primaria.