lunes, 1 de junio de 2015
Certame de teatro Escolar
Aínda que cun pouco do retraso aqui vos deixamos unha fotos da semana do teatro celebrado no noso centro.

domingo, 26 de abril de 2015
Apadriñamento lector
O venres
continuamos celebrando o día do libro. Esta vez fomos de visita o IES para que
os noso padriños e madriñas nos leran un
conto.
jueves, 23 de abril de 2015
23 de abril, Día do Libro
miércoles, 4 de marzo de 2015
Formación de usuarios
Mañá comezan as
sesión de formación que os alumno de terceiro ciclo van dar os rapaces do I.E.S. Vanlles ensinar as cousas básicas para
poder manexarse nunha biblioteca.
Os horarios para
a formación serán:
Xoves 5 de Marzo:
de 10.30 ata 13:00 horas.
Venres 6 de Marzo
de 11:30 ata 12:00 horas.
Martes 10 de
Marzo: de 11:30 ata 13:00 horas.
domingo, 1 de marzo de 2015
Entroido 2015
Aínda que con un
pouco de retraso, aquí están as fotos do Entroido. Como este ano o PDI trata sobre as antigas civilizacións, no
Entroido retrocedemos no tempo para coñecer os romanos, celtas, etc.
Os nenos de 3 anos de Hindús
Os pequechos de 3 e 4 anos de Celtas
Os rapaces do 1º ciclo disfrazaronse de Romanos
Os Mayas pasaron por a clase de 2º ciclo de primaria.
Os rapaces do 3º ciclo foron pesonaxes do antigo Exipto.
lunes, 9 de febrero de 2015
lunes, 2 de febrero de 2015
jueves, 4 de diciembre de 2014
Campaña solidaria
A semana pasada participamos nunha campaña solidaria que puxo en marcha a biblioteca municipal.
Tratábase de cambiar un quilo de comida por un libro. Ala fomos con caixas cheas de comida!!!!
viernes, 7 de noviembre de 2014
Contos cantados
Onte tivemos o
pracer de ter na nosa biblioteca a Susa Herrera. Cantounos as cancións do seu
conto “Cantos animais”. Que ben o pasamos cantando e bailando todos!!!!
miércoles, 29 de octubre de 2014
O SAMAIN
Este ano si é UN SAMAÍN terrorifico porque a bruxa da biblioteca....secuestrou a nosa mascota...O xocas...agora levamos toda a semana aguantando aos profes sometidos aos seus meigallos...estan tristes,apagados...serios...Maña iremos por todo o pobo buscando pistas que nos fagan dar coa Mascota e traela de novo.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



