sábado, 25 de octubre de 2014

24 de Outrubro, "Día das Bibliotecas Escolares"

Un ano mais celebramos o día “grande” da biblioteca. Para conmemorar o día das bibliotecas escolares celebráronse dúas actividades principais.

 Por unha banda, a exposición dos traballos da actividade "Elixe unha frase...."  na que tanto alumnos, mestres como persoal non docente debíamos escoller e plasmar esa frase que lemos e nos marcou para sempre.

Ademais tivemos o pracer de recibir a unha contacontos moi especial, Conchita, antiga mestra de colexio. Contounos dous fermosos contos “Ruido”de Pablo Albo y Guridi e “Quen lle ten medo á carapuchiña vermella?” de Sara Sahinkanat e Ayse Inan Alican. Moitas grazas Conchita, esperamos que volvas pronto!!!.



martes, 14 de octubre de 2014

Mochilas viaxeiras

Un ano mais póñense en marcha  as mochilas viaxeiras  con  materiais tanto para o alumno  como para o resto da familia. Esperamos que as disfrutedes!!!!



lunes, 12 de mayo de 2014

UN LIBRO ABERTO....

Nunha das paredes da biblioteca xa podedes ver un fermoso proverbio hindú explicando o que significa un libro aberto. Dámoslle grazas de novo os pais dos nosos alumnos. Neste caso a Judith, nai de María e Pol, que foi a encargada de deixar estas fermosas verbas para sempre na bilioteca.

XIX ENCONTROS DE TEATRO ESCOLAR E AMATEUR EN BANDE

DO 12 O 16 DE MAIO Lugar de celebración: Salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo

viernes, 9 de mayo de 2014

"Club de lectura"

Este ano ponse en marcha o club de lectura co libro “Palabras de caramelo”. Rapaces xa sabemos que vos está encantando o libro!! Nuns días faremos o primeiro encontro para a posta en común, estade atentos o taboleiro da biblioteca para saber a fecha.

domingo, 9 de marzo de 2014

Entroido!!!!

Celebramos o entroido "cargados de oficios", un pouco mais actuais que os que nos mostraba Xoaquín Lourenzo no seu libro "Os oficios" e que deu pé a temática de entroido deste ano dentro do PDI.




                                 




lunes, 24 de febrero de 2014

"Dia de Rosalia"

Hoxe, 24 de febreiro celebramos o día de Rosalia. Na biblioteca os alumnos visionaron  un documental feito por alumnos doutro centro sobre a biografía e obra de Rosalia de Castro. Ademais escoitaron " Adeus rios, adeus fontes" de Amancio Prada.