lunes, 24 de febrero de 2014

"Dia de Rosalia"

Hoxe, 24 de febreiro celebramos o día de Rosalia. Na biblioteca os alumnos visionaron  un documental feito por alumnos doutro centro sobre a biografía e obra de Rosalia de Castro. Ademais escoitaron " Adeus rios, adeus fontes" de Amancio Prada.

O entroido xa chegou


Esta semana comeza o entroido no colexio. O meco reaparece (Xocas) dando a súa primeira orde: "O luns o entroido comezamos a disfrutar trae unha "faldita" para poder baila".


domingo, 23 de febrero de 2014

"Charla sobre drogas"

Esta semana os alumnos do terceiro ciclo puideron oir da man dun profesional os efectos nocivos que producen as drogas.

jueves, 20 de febrero de 2014

Chegou o "Día da Paz"

Onte por fin pusidemos facer a actividade que tiñamos programada para o día da Paz, 30 de Xaneiro, e que por mor do mal tempo foinos imposible sair do centro ata onte. Estivemos repartindo "mensaxes de Paz e amizade" por to o pobo. Os veciños e veciñas de Bande quedaron encantados, sobre todo os do centro de día e residencia da terceira idade.








domingo, 16 de febrero de 2014

San Valentín

O pasado venres 14 de febreiro celebramos o día de San Valentín  no colexio. Na biblioteca colocouse un buzón para que nenos/as, profes e pais e nais puideran deixar  mensaxes de amor e amizade. Tras a comida, repartíronse as cartas. Ninguén quedou sen carta!!!! 


                        

viernes, 13 de diciembre de 2013

Contacontos

Grazas a un grupo de traballo que estamos facendo no cole tivemos a sorte de ter a un compañeiro doutro centro contándolle varios contos os nosos nenos. Os nenos encantoulle. Moitas grazas Fran. 

                                           



viernes, 22 de noviembre de 2013

Inauguración Biblioteca

O pasado venres día 15, inauguramos por fin oficialmente a nosa biblioteca. Foi un día especial para todos. Aqui vos deixamos unhas imaxes do día.